Sunday 19 de May de 2024

O Concello de Frades inicia un curso de preparación dos exames para obter o graduado en educación secundaria


As clases, para as que aínda hai prazas libres, terán lugar no multiúsos de Frades todos os martes, xoves e venres, de 20:30 a 22:30 horas

O Concello de Frades organiza un curso preparatorio dos exames para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos. Unhas clases que terán lugar todos os martes, xoves e venres, en horario de 20:30 a 22:00 horas, no multiúsos de Frades ata a celebración dos exames que convoque a Xunta de Galicia.

A primeira sesión contou coa presenza do concelleiro de Ensino de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, quen animou aos dez alumnos e alumnas presentes, dos/as catorce inscritos/as, a traballar para superar con éxito as probas para a obtención do título de graduado en ESO. De feito, como aínda quedan algunhas prazas libres, as persoas interesadas en participar poden anotarse chamando ao Concello de Frades: 981 695 567.